A nosa clase!!

O noso cole!

En defensa da

En defensa da

A nosa aula é moi #guappis

Tags

fotos vídeos contacontos Aniversario visitas contos Nadal aniversarios cancións vídeo proxecto proxecto da froita proxecto mascotas actividades proxectodocorpohumano Saídas proxecto de superheroes proxecto de Vigo proxecto de fútbol samaín tinytap entroido lectoescritura horta realidade aumentada Laboratorio Pais o nome propio Benvida Nais aurasma comic excursión proxecto corpo proxecto dos cabalos xogo xogos aprendizaxe cooperativo festiletras festival mascota robots clasesenredadas classdojo cores ThingLink día da paz día do xoguete fin de curso formas xeométricas inglés letras letras galegas nomes nubes de palabras outono ozobot aniersarios apps asemblea beebot celebracións colarmix curso 15-16 despedidas día da familia día da muller día de europa día do libro equipos escornabot festa libros lógica-matemática magosto música natureza navidad obradoiro poemas primer día proxecto das cores proyectos realidade aumentada. reciclaxe reis magos revista robótica stop motion thecraftyrobot traballo cooperativo un mundo de formas valores zoo # #pásaloporelautismo #somosNósOsMestres Audición e linguaxe El mundo de los sellos Libro de disfraces Proxecto do cole San Valentín agasallos agrupamentos apalpador apípolis beebot. brasil cabalos calendario cantando o corpo ciencia cociñando concello corpo debuxos dereitos dos nenos e nenas diplomas direccionalidade día de Rosalía día do pai día internacional do sorriso eqiulibrio expertos familias figuras xeométricas foldify fotosensible galletas grafomotricidade grupos horadocódigo hourofcode igualdade indiana bill iniciativas inicio de curso intelixencia interpersonal intelixencia intrapersoal intelixencia naturalista inventos inverno kiriko leap motion lectura lipdub luci luz lóxica madpad makey makey mandatos de meco manuel maría meco merendas moldiv morfo orla pan panxoliña papás pitiños pizarra dixital premios primeira semana profe nerea. proxecto vigo proyecto de vigo proyectos caballos psicomoticidade psocomotricidade quedada literaria quiver quizziz realidad aumentada recortables relaxación samagostín saídas. fotos sons tarefas tiny tap toontastic traballo colaborativo traballo en casa twitter visita visitasEst vídeos. xornal
Con la tecnología de Blogger.

Os superheroes e heroínas no Festiletras.


Hoxe foi o festiletras e os superheroes e superheroínas da nosa clase puseron a nota de cor no festival. Un par de problemas técnicos fixeron que nos despistáramos un pouco pero segundo que no próximo festival que faremos coas familias nos sairá aínda máis xenial!


Próximamente poderedes ver na web do cole outra grabación da nosa actuación.

Fixemos botellas da calma.


Dentro do noso proxecto de superheroes e superheroínas aprendemos estas personaxes teñen que salvar a xente de perigos e situacións moi estresantes. Por iso e moi importante aprender a manter a calma. Para aprender a logralo hoxe visitounos Kari, a mamá de Naiara, que ensinounos a facer botellas de calma e a crear pegatinas empregando papel, celo e auga. Ademáis hoxe era o seu aniversario e troúxonos sugus para celebralo!


Podedes descargar as fotos aquí.

Os raios de luz contra a pasteleira.

Última entrega da nosa serie de comics. Nesta ocasión é o equipo dos Raios de luz enfrentouse a unha malvada pasteleira que quería facer engordar a todos os nenos e nenas do cole. Podedes descargar o conto aquí.

Excursión ao zoo de Vigo.



Hoxe fixemos unha visita ao zoo e pasámolo moi ben, aínda que algúns animais estaban escondidos aprendemos un montón sobre eles da man do noso guía Manuel.


Podedes descargar as fotos aquí.
Tag : , , , ,

Quedada literaria 2017.


Hoxe participamos na quedada literaria organizada polo concello de Vigo. Fomos andando ata castrelos onde primeiro alumnos maiores do cole Carrasqueira e Frián, merendamos e logo disfrutamos dunha actuación do grupo de teatro musical Migallas.


Podedes descargar todas as fotos aquí.

Os superraios contra o xogador.

Despois de crear os nosos propios superheroes tivemos a idea de crear comics para recrear distintas aventuras no noso colexio. Entre todo escollimos os malvados, as historias, e pensamos onde facer as fotos. Aquí tedes a primeira enrtega!


Podedes descargalo aquí.

Creamos o noso superheroe!

Despois de varias semanas aprendendo sobre os superheroes e superheroínas empezamos a traballar na creación dos nosos propios heroes. Cada peque pensou que personaxe lle gustaría ser: o seu nome, o seu súper poder, o seu símbolo e debuxar como sería o seu traxe.
Aquí tedes uns exemplos.
 Unha vez que tivemos feito o heroe cada equipo tivo que decidir cal sería o nome do seu grupo de superheroes. Cada un deseñou un símbolo, e logo entre todo fixeron un que tivera ao menos un elemento de cada un.
Con todo xa feito tocou pasar a recortar distintas pezas como a máscara e o símbolo do cinto para facer os nosos propios traxes de superheroes para poder vivir auténticas aventuras e protexer o noso colexio dos malvados e malvadas.

Podedes ver máis fotos aquí.

As súper avoas!!



 Dentro do noso proxecto de superheroes e heroínas onte tivemos unha actividade moi especial. Pili, a mamá de Manuel, veu a contarnos un conto: A súper avoa. E non veu sóa, se non que acompañouna Bibi, a súa avoa, é dicir, a bisavoa de Manuel.
Páxina a páxina fomos descubrindo os poderes que teñen as avoas e avós (bisavoas e bisabós) e como os utilizan para facernos moi felices. Eles e elas tamén son uns grandes superheroes!!!

Día da familia!

 Hoxe 15 de maio celebramos o día da familia e mandamos unha manualidade feita con moítisimo cariño!! Fixemos cuadro reflexando como percibimos a nosa familia.

A nosa canción para o festival!


Nun par de semanas teremos o festiletras e interpretaremos esta canción. Queremos cantala e escenificala así que teremos que escoitala moitas veces para poder aprendela.
Podedes descargar a canción aquí. Podedes escoitala no coche ou na casa, cantas máis veces mellor!

Contounos un conto Nati Natillas!!

Hoxe tivemos a visita Nati Borrajo ou tamén coñecida como Nati natillas. Esta dramaturga, escritora e actriz contounos o conto do Pingui, unha gota moi aventureira que correu moitas aventuras! 






Os nosos superheroes de cartulina!!


Neste proxecto de superheroes e superheroínas non podiamos deixar de facer figuras de cartón que se movesen gracias as placas de the crafty robots. Ademáis nesta ocasión traballamos o tempo en forma de un minuto e fixemos combates para ver cal era a figura máis forte e cal caía antes da plataforma amarela.

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -