Posted by : Rubén Molinero malvido sábado, 4 de marzo de 2017

A semana pasada a parede do corredor apareceu decorada cun abecedario no que as letras estaban feitas cos corpos de homes e mulleres. Dende o primeiro momento picounos a curiosidade e tivemos moitas ganas de reproducilo.
Cada grupo fixo varias letras. Para conseguilo tiveron que identificar primeiro no corredor a letra que lles tocaba facer e decidir como a ían facer: cantos tiñan que facela, que nen@s tiñan a medida adecuada para  representar a letra e como colocarse no chan para facela.

 Todos os membros do equipo axudaban aos que facían a figura, e cando estaban ben postos facíamos a foto.
 Equipo a equipo conseguimos representar todas as letras do abecedario.

 Nos próximos días empregaremos estas letras para escribir o nome de distintas partes do corpo
Podedes ver todas as letras e máis fotos do proceso aquí.

{ 3 comentarios... read them below or Comment }

- Copyright © Medrando en balaídos - Skyblue - Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -